Navegación por
Categoría: lugares

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

Houbo un Monte Medo pagán até o século IX, cunha grandísima explotación mineira abeirada [na época do Imperio Romano]. Logo un Monte Medo relixioso que chega até os nosos días, cun centro de culto mariano [maiormente dende o século XVIII], un dos máis concorridos de Galicia. Alí, ademais da visita de rigor aos espazos relixiosos, podemos achegarnos até o Carballo da Santa; unha árbore centenaria que pode sobordar os cincocentos anos e que aparece salientada na web www.patrimoniogalego.net; un carballo…

Ler máis Ler máis

A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS

A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS

Fomos até San Pedro de Rocas moreas de veces. A primeira xa de moi cativos cos nosos pais. Logo coas cuadrillas de Maceda no solpor da adolescencia e primeira xuventude. Iamos máis de 20 persoas no autobús de liña da Empresa Mangana, dende Maceda até o cruce cara San Pedro de Rocas en Esgos [9 km aprox.]. Despois subiamos andando até o cenobio [case 5 km máis] gozando da abraiante beleza daquela paisaxe… Alí pasamos xornadas completas de lecer os…

Ler máis Ler máis

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

ESCOLAS VIAXEIRAS / CÁCERES

A mediados dos anos 80 do século pasado impartiamos aulas en Bembibre [A Coruña]. Naquela altura estaban de moda as Escolas Viaxeiras por todo o Estado español. 17 discentes de tres comunidades autónomas distintas visitarían unha provincia allea á súa comunidade. Compartirían vivencias culturais e turísticas ao longo dunha semana. Tocounos ir cos discentes de oitavo curso da nosa titoría a Cáceres. Como había un convenio do Ministerio de Educación con Renfe, os desprazamentos facíanse en tren e logo en…

Ler máis Ler máis

A CASA DE ANA FRANK

A CASA DE ANA FRANK

No verán de 2007 fixemos coa nosa familia un circuíto polo norte de Alemaña, Holanda e Bélxica. Naquela viaxe ía incluída unha estancia en Amsterdam un par de días. Aproveitamos pra ver a Casa de Ana Frank, un museo prá historia que nos impresionara moito aos catro. Coas entradas viña un libriño guía de 16 páxinas, no que aparecía o relato ilustrado do que sucedera naquela casa dende o 6 de xullo de 1942 até o 4 de agosto de…

Ler máis Ler máis

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

Dende hai case corenta anos, mesmo ao comezo ou ao remate do verán, imos dende Maniños [Fene] até Santo André de Teixido e máis alá… Logo de percorrer boa parte do territorio do concello  fenés, atravesar a Ponte das Pías [que une Fene con Ferrol], pasar polo Polígono da Gándara dirección Cemiterio de Catabois e logo Valdoviño [o da Praia da Frouseira] pola estrada da costa, aproximámonos a Cedeira por unha calzada rodeada de eucaliptos e moitas curvas. Hogano moi…

Ler máis Ler máis

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

Nas excursións que faciamos co alumnado até Barcelona, había unha parada e fonda no Monasterio de Piedra, que pertence ao concello de Nuévalos, ao sur de Zaragoza. Como a viaxe até a capital catalá sobordaba os mil quilómetros, unha pausa alí semellaba axeitada. Mesmo tiñan dentro do propio cenobio, que hogano funciona como hotel, un par de espazos adaptados para excursións escolares. O profesorado podía así pasar a noite nos cuartos habilitados daquel vedraño edificio. Ao día seguinte, pola fresca,…

Ler máis Ler máis