BELLO PIÑEIRO ILUSTRADOR
Ademais dun destacado pintor, este fillo sobranceiro do Seixo [parroquia de Franza, Mugardos, 1886 – 1952], tamén fixo incursións como ilustrador, como activista político e cultural e como escritor. A imaxe que acompaña esta achega amosa a portada da novela de Manuel Vidal Rodríguez [Maceda, 1870 – Compostela, 1941], titulada “Elena de Síbaris”, que saíra do prelo en Madrid no 1912. Naquela altura Bello Piñeiro andaba moi activo pola capital do Estado. Xa en 1901, con quince anos de idade,…