SALVADOR, O RETRATISTA DE CURUXAS [OU DE COUZADA]
Pasounos unha amiga, que ten vencellos na contorna de Ribadavia [San Paio], a foto que encabeza esta achega, incluída na colección fotográfica do Museo Etnolóxico de Ribadavia que abandeirou Xosé Carlos Sierra durante moito tempo. Acompaña ao retrato deste bautizo un breve texto: “Acerca do autor desta colección apenas podemos facer suxestións; probablemente se trata de Salvador López, natural de Curuxas, parroquia de Santa Mariña de Asadur, concello de Maceda, Ourense; que ao seu retorno de Cuba teríase dedicado á…