Navegación por
Categoría: teimas

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

ABRIL EN MANAGUA, 40 ANOS DESPOIS

Mergullámonos de vez na Revolución Sandinista de Nicaragua da man do doutor Celso Sánchez. Naquela altura de 1979 deixáranos unha casete do álbum musical “Guitarra Armada” [pinchar eiquí] de Carlos e Luís Mejía Godoy & Los de Palacagüina no que, dun xeito didáctico, formulaban instrucións sobre o emprego das armas curtas e dos explosivos. Podiase escoitar polas emisoras radiofónicas que estaban a prol da revolución.  A copia que fixeramos daquela casete [que aínda conservamos] escoitámola no dyane-6 a tempo case…

Ler máis Ler máis

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

OS CONDES DE MACEDA, A BARCA E MUXÍA [EN BUCLE]

Xa dixemos nalgunha achega anterior que imos até Muxía todos os anos dende que residimos en Compostela. Mesmo que chama a atención ao chegar, que nos grandes carteis colocados polo concello apareza un vencello evidente con Maceda: “Santuario da Virxe da Barca. O templo deste santuario data do século XVII e garda os sepulcros dos condes de Maceda, que foron mecenas da obra”. Se damos un paseo pola vila, mesmo podemos ollar a Rúa Condes de Maceda. O mecenado e…

Ler máis Ler máis

EIBAR, DENDE SEMPRE

EIBAR, DENDE SEMPRE

O nome de Eibar levámolo asociado dende a primeira infancia. Até alí emigraron familiares nosos que regresaban nos veráns á súa terra de orixe. Polo efecto chamada, xunto con outra xente da contorna de Maceda, establecéronse a mediados do século XX en Eibar na procura dun futuro mellor. Situada no centro do País Vasco, hogano amósase estratéxica para o Turismo Social, que organiza o Goberno do Estado. Conta cun amplo e céntrico hotel [Unzaga Plaza, R/ Ego Gain, 5] a…

Ler máis Ler máis

BURT BACHARACH FOREVER

BURT BACHARACH FOREVER

Enterámonos do pasamento [con 94 anos de idade] do prolífico compositor norteamericano Burt Bacharach. Conforma dende hai moito tempo un dos parceiros que empregamos como pano de fondo pra conducir, estudar, investigar, escribir… Ás casettes cos seus éxitos máis senlleiros fixeron moitos quilómetros con nós. Vaise outro grande da nómina máis nosa. Que lle sexa leve a terra… Desta volta decantámonos por unha das máis senlleiras: “I´ll never fall in love again”. Listen:

ETERNAMENTE MILANÉS

ETERNAMENTE MILANÉS

Enterámonos onte -ao raiar o día- que Pablo Milanés [un dos grandes cantautores da nosa vida] nos deixara… Tivemos a oportunidade de escoitalo en directo varias veces [logo dalgunhas anulacións por mor da súa saúde]. Unha das memorábeis foi nunha megaactuación altruísta dun bo feixe de cantautores no Multiusos de Sar, eiquí en Compostela, a prol de NUNCA MÁIS e ao abeiro da morea de actos de dignificación, naquel histórico Nadal do 2002. Volvemos escoitalo co seu amigo Luís Emilio…

Ler máis Ler máis

MÉRIDA E O LAGO PROSERPINA

MÉRIDA E O LAGO PROSERPINA

Achegámonos a Mérida un bo feixe de veces dende os anos 80 do século pasado. A maioría pra ollar espectáculos no Festival de Teatro Clásico. Non sempre con obras tradicionais. En xullo de 2014 quedamos impresionados coa actuación da coreógrafa Sara Baras e a súa “Medusa, la guardiana”. Agora ben, a actuación que nos quedou fixada pra sempre foi a homenaxe ao poeta Rafael Alberti, na apertura da 34º edición deste singular evento. Fora o 3 de xullo de 1988….

Ler máis Ler máis