XULIO CONDE, DISTINCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO 2022
Onte, 6 de outubro de 2022, os macedáns [e os galegos en xeral] soubemos que o presidente da Xunta de Galicia materializara a entrega da medalla e o diploma ao Mérito Deportivo a Xulio Conde. Xa Radio Maceda avanzaba o día 4 [feira] a nova. No libro “Conversas co Bieito” [Prol: 2022] reparamos varias veces en Xulio Conde. Focalizámolo como activista cultural abandeirando as Noites Folk do Castelo de Maceda. Tamén como político nomeadamente no seu compromiso en clave Nosa…