Navegación por
Categoría: teimas

ROSALÍA DE CASTRO NO SEIXO

ROSALÍA DE CASTRO NO SEIXO

Sempre que nos achegamos ao Seixo dende Maniños, reparamos nesta placa ubicada [dende setembro de 2018] na fachada dunha casa grande radicada no outeiriño urbano deste magnético lugar do Concello de Mugardos [Ferrolterra]. Pulula naquela contorna que Rosalía de Castro e o autor de “La casa de la Troya”, léase Alejandro Pérez Lugín, amosaban certa relación de parentesco [cando morreu Rosalía en 1885, el tiña 15 anos]. Pérez Lugín pasaba tempadas en Maniños escribindo e descansando… Fontes orais ubican unha…

Ler máis Ler máis

A TARTATUGA JONATHAN EN SANTA HELENA DENDE HAI CASE DOUS SÉCULOS

A TARTATUGA JONATHAN EN SANTA HELENA DENDE HAI CASE DOUS SÉCULOS

Vive nos terreos da residencia oficial do gobernador/a da Illa Santa Helena. Abeira os dous séculos e pode que sexa un dos animais con máis idade do noso planeta. Aliméntase de froita e vexetais. É unha tartaruga xigante da especie aldabrachelys hololissa. Todo un fenómeno de estudo sobre a lonxevidade -na illa que descubriu João da Nova, o mariño galego vencellado aos nobiliarios de Maceda, no bispado de Ourense [Prol: 2002]-. Eis un dos aquelados vídeos [hai varios na arañeira]…

Ler máis Ler máis

21 DE MAIO, DÍA DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

21 DE MAIO, DÍA DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

Tiramos desta volta da páx. 147 de “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Prol: 2002]: “Partira, moi ao seu pesar, a canonazos das costas do Kerala [India]. Vasco da Gama e Álvares Cabral, aínda que por motivos diferentes, fixeran algo parecido. Despois da Terra de Natal, avistaría o navegante galego João da Nova, a Baía da Lagoa, o Cabo do Recife, a Baía de San Francisco, o Cabo das Serras, a Baía Formosa, o…

Ler máis Ler máis

A ILLA SANTA HELENA Á VISTA DE DRON EN 4 MINUTOS

A ILLA SANTA HELENA Á VISTA DE DRON EN 4 MINUTOS

Dende que comezamos a mergullarnos na traxectoria de João da Nova até hoxe pasaron moitas lúas… Por certo, neste 2022 cúmprense dúas décadas da pioneira achega “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Prol: 2002a], que tivo a ben publicar a Deputación Provincial de Ourense, coa inestimábel axuda de Manolo Rodríguez Carballo, naquela altura alcalde de Maceda. Outrosí co aval do prestixioso historiador Francisco Carballo, que aseverou: “Esta obra trata dun tema case inédito, de…

Ler máis Ler máis

UN BOSQUE TROPICAL NA DESÉRTICA ILLA ASCENSIÓN

UN BOSQUE TROPICAL NA DESÉRTICA ILLA ASCENSIÓN

Atopamos un aquelado documental de “Redfern Natural History Productions” [7´], que nos mergulla -outra volta- na transformación dunha parte da desértica Ascension Island [descuberta polo macedán João da Nova], nun bosque tropical, coa axuda da intervención humana [dende mediados do século XIX]. Nas ladeiras e cantís máis elevados da estratéxica illa sementaron plantas e árbores de moitos lugares que, naquela altura, pertencían ao Imperio Británico e a outros países abeirados e amigos. A idea pra que agromase esta singular fraga…

Ler máis Ler máis

MEDIO SÉCULO DO “GRÂNDOLA, VILA MORENA” EN COMPOSTELA

MEDIO SÉCULO DO “GRÂNDOLA, VILA MORENA” EN COMPOSTELA

Onte, 10 de maio de 2022, cumpríronse 50 anos dunha histórica actuación do Zeca Afonso, na que incluíra a iconográfica cantiga que logo se trocaría en consigna na Revolução dos Cravos. Estabamos no tardofranquismo [1972] e o Zeca actuara no Burgo das Nacións en Santiago de Compostela coa mediación do cantautor Benedicto [de Voces Ceibes], co que mantiña amizade e compartía escenarios dende había algún tempo. Durante a última década de docencia [cando xa tiñamos canón, pantalla e ordenador nas…

Ler máis Ler máis