O RUBIÑO E OS ÚLTIMOS MOHICANOS
Ao abeiro dunha breve conversa coa filla do Juan Bouzas [amigo da nosa familia que sempre nos iluminou coa súa exemplaridade e pedagoxía, mesmo con bos consellos, naquela Maceda en branco e negro], recuperamos a carta que publicamos no xornal La Región, o 24 de decembro de 1996, ao día seguinte do pasamento dun dos seus, que sobrevivira “sinalado”, ao igual que o noso tío Valentín [O Canaso], o propio Juan Bouzas e un pequeno feixe de republicanos abeirados ao…