Navegación por
Categoría: egrexios

XOSÉ LOIS PARENTE, FILLO SOBRANCEIRO DE MACEDA

XOSÉ LOIS PARENTE, FILLO SOBRANCEIRO DE MACEDA

Recuperamos do volume Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República (Santiago Prol, 2006) parte do breve texto que inserimos no PUNTO FINAL e na contracapa, coa teima de reivindicar a súa figura para a memoria colectiva de Nós: “Xosé Lois Parente exerceu como funcionario de telégrafos, farmacéutico e avogado na vila de Maceda (Ourense). Foi un activo militante da corrente conservadora do Partido Galeguista, un columnista político-ideolóxico na prensa ourensá e un poeta bilingüe que intensificou a súa…

Ler máis Ler máis

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (2)

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (2)

En 1991 Xosé Neira Vilas compuxo un poema á memoria de Gómez Gayoso. Apareceu publicado en As últimas horas de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, loitadores antifranquistas: caída, tortura e execución por garrote vil (1948) e coroa poética en gabanza da súa grandeza militante con outras páxinas antifranquistas (2003) en Edicións do Castro, opúsculo de Xesús Alonso Montero e Xosé Ramón Fandiño, co gallo da inauguración, no Cemiterio de San Amaro da Coruña, do mausoleo que o PCG levou…

Ler máis Ler máis

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (1)

NEIRA VILAS E GÓMEZ GAYOSO (1)

Agora que xa sabemos a personalidade á que lle van dedicar as Letras Galegas en 2027, queremos vindicar un dos seus libros, apenas citatado dentro da súa inxente obra literaria. Guerrilleiros de Xosé Neira Vilas saíu do prelo de Edicións do Castro en 1991. Nel dedícalle case a metade do texto (pp 123-208) a un destacado fillo de Maceda da primeira metade do século XX. Titulouno “XOSÉ GÓMEZ GAYOSO: TRAXECTORIA DUN HEROE”. Naquela altura moito do que sabemos hoxe sobre…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS & ALONSO MONTERO

QUIROGA PALACIOS & ALONSO MONTERO

Xesús Alonso Montero, incansábel militante comunista, sociolingüista, ensaísta, profesor, editor, activista cultural, presidente da RAG e moitas cousas máis, mantivo certo vencello co Cardeal Quiroga Palacios, mesmo con algún debate improvisado no Pazo de Xelmírez en Compostela entre os dous. Ao longo da súa delongada traxectoria vital (acaba de deixarnos con 97 anos), Alonso Montero reparou no Cardeal de Galicia en varias publicacións. Outrosí nalgunhas das súas columnas semanais no xornal La Voz de Galicia (BEATUS QUI LEGIT). Eis un…

Ler máis Ler máis

O CARDEAL QUIROGA NA OLLADA DE XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ

O CARDEAL QUIROGA NA OLLADA DE XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ

O vencello do Cardeal Quiroga Palacios co historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández focalizámolo nomeadamente na segunda metade da década dos 60 e comezos dos 70. Naquela altura Barreiro exercía o sacerdocio e oficiaba misa en galego. Como teólogo, sociólogo e profesor, era un dos homes de maior confianza de don Fernando (até a crise do Seminario Maior, coa folga xeral, na primavera de 1971 da que falaremos noutra achega). Barreiro tamén dirixiu a revista Compostellanum e axudoulle ao Cardeal de…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS A PROL DO GALEGO DENDE SEMPRE

QUIROGA PALACIOS A PROL DO GALEGO DENDE SEMPRE

No número 25 da revista Logos (xaneiro de 1933), o daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios, que acababa de cumprir 33 anos, imprentou unha colaboración (en galego) que titulou “Insistindo. Verbas dun crego”, que consideramos capital na súa traxectoria. Lapidario remata: “Os fieis cansados de ouvir verbas que non entenden, que non lles soan, que non lles falan, escoitan sen ouvir, ven falar sen entender. O crego é para eles o verdadeiro cimbalum sonans, que non pasa dos oídos, que non…

Ler máis Ler máis