Navegación por
Categoría: joao da nova

JOÃO DA NOVA E  A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR

JOÃO DA NOVA E  A PRIMEIRA BATALLA DE CANANOR

Atopamos en “youtube” un interesante vídeo sobre o nauta vencellado con Maceda e a 1ª Batalla de Cananor, desenvolta na costa do Malabar indio [actual estado de Kerala]. Naquel estratéxico lugar asentaría o descubridor galego a primeira feitoría [lugar para o comercio internacional] de Portugal en Oriente. Porén, denantes tivera problemas co samorim [señor do mar] de Calecute [hogano Kozhikode]. Os islámicos establecéranse no Malabar indio había tempo. Facían de intermediarios entre o samorim, os venecianos e os xenoveses. Os…

Ler máis Ler máis

 JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO

 JONATHAN, A TARTARUGA MÁIS VELLA DO MUNDO

Ollamos en varias publicacións que na Illa Santa Helena [que descubrira o macedán João da Nova en 1502], decretaron tres días de celebracións [con tarta vegana incluída: cenorias, mazás, bananas e pepinos] co gallo dos 190 anos da tartaruga Jonathan. Malia súa lonxevidade, segue tendo boa libido e bo oído, pero a vista e o olfacto xa van moi minguados… Coidan naceu polo 1832 nas Seychelles. Chegou a Santa Helena en 1882 como agasallo ao gobernador sir Willian Grey-Wilson. Dende…

Ler máis Ler máis

NADOS EN MACEDA NA WIKIPEDIA

NADOS EN MACEDA NA WIKIPEDIA

Antano quen non saía no ESPASA non existía. Hogano quen non sae na Wikipedia non existe [a escala global]. Nesta singular enciclopedia dixital libre, se tecleamos a categoría “Nados en Maceda”, neste intre van aparecer 15 nomes [4 están vivos e o resto xa pasou á outra beira]. Son todos os que están, porén, non están todos os que son. Mesmo faltan algunhas mulleres… Imos nomealos tal e como se manifestan por orde alfabético [se pinchamos nos nomes aparece o…

Ler máis Ler máis

SELO 500 ANIVERSARIO DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

SELO 500 ANIVERSARIO DA DESCUBERTA DA ILLA SANTA HELENA

En febreiro de 1997, preparando os fastos do 500 aniversario da descuberta da Illa Santa Helena Atántico Austral], dende Jamestown, a capital da illa, emitiuse este selo conmemorativo que nós inserimos nun dos 20 paneis da exposición permanente “João da Nova, o descubridor galego do século XVI” en Maceda [2002]. Nesta estampiña podemos ollar ao nauta galego sinalando a remota illa dende o seu barco, exercendo como capitán maior, na viaxe de regreso da III Expedición portuguesa á India [despois…

Ler máis Ler máis

NOVOS SELOS DE CORREOS SOBRE JOÃO DA NOVA

NOVOS SELOS DE CORREOS SOBRE JOÃO DA NOVA

Atopamos na arañeira dous novos selos de correos conmemorativos [de 0,70 e 0,91 euros] evocando os 500 anos da presenza do reino de Portugal nos Mares Austrais [Portugal – 2021 – Correo – Nº 04769/70]. O protagonista destas suxerentes estampiñas postais é o “galego de nazón” João da Nova; macedán egrexio e universal, o máis relevante do século XVI en clave de País, que -insistimos- non está recoñecido como debería eiquí e alén do Padornelo…]. Beizón!!!

A TARTATUGA JONATHAN EN SANTA HELENA DENDE HAI CASE DOUS SÉCULOS

A TARTATUGA JONATHAN EN SANTA HELENA DENDE HAI CASE DOUS SÉCULOS

Vive nos terreos da residencia oficial do gobernador/a da Illa Santa Helena. Abeira os dous séculos e pode que sexa un dos animais con máis idade do noso planeta. Aliméntase de froita e vexetais. É unha tartaruga xigante da especie aldabrachelys hololissa. Todo un fenómeno de estudo sobre a lonxevidade -na illa que descubriu João da Nova, o mariño galego vencellado aos nobiliarios de Maceda, no bispado de Ourense [Prol: 2002]-. Eis un dos aquelados vídeos [hai varios na arañeira]…

Ler máis Ler máis