Navegación por
Categoría: f.carballo

FRANCISCO CARBALLO E AS LETRAS GALEGAS

FRANCISCO CARBALLO E AS LETRAS GALEGAS

A Real Academia Galega (RAG), para a escolla da persoa á que lle dedican cada ano as Letras Galegas (co acto central o 17 de maio), ten en conta o aval de, cando menos, tres académic@s. As personalidades propostas deben ter falecido hai dez anos ou máis. Outrosí “que a persoa elixida sexa autora dunha obra relevante en galego e que mesmo posúa unha calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega”, consonte o artigo sétimo…

Ler máis Ler máis

FRANCISCO CARBALLO NUN MITIN DO BN-PG

FRANCISCO CARBALLO NUN MITIN DO BN-PG

Pásanos Xan Carballa un documento gráfico (desta volta en cor), do que xa falamos noutra achega (PINCHAR EIQUÍ). Foi nun mitin en Vigo do BN-PG en 1978. Identifica, de esquerda a dereita, a Fernando Acuña, Francisco Carballo, Tereixa Conde Pumpido, Pedro Luaces e Francisco García Montes. Naquela altura Carballo, ademais de exercer a docencia en Vigo, de abandeirar a Cultural e de implicarse politicamente no BN-PG, publicara, en coautoría con Alfonso Magariños, un libro vencellado coa Igrexa na Galicia Contemporánea…

Ler máis Ler máis

CELSO MONTERO ENTREVISTA A F. CARBALLO HAI MEDIO SÉCULO

CELSO MONTERO ENTREVISTA A F. CARBALLO HAI MEDIO SÉCULO

Recupera o xornal La Región, cincuenta anos despois, a entrevista que lle fixera o crego Celso Montero (xa na órbita do PSOE do que logo sería senador) ao presbítero Francisco Carballo (xa na órbita do nacionalismo galego), co gallo dunha charla no Ateneo de Ourense. Titulárana “A Eirexa de Galicia ten que estar máis ó lado do pobo”: “A Eirexa na Galicia Contemporánea” foi o tema dunha das mellores conferencias que se levan dado no Ateneo de Ourense. O autor,…

Ler máis Ler máis

F. CARBALLO NA FUNDACIÓN DO BNG EN 1982

F. CARBALLO NA FUNDACIÓN DO BNG EN 1982

Pásanos Xan Carballa outro documento gráfico abondo salientábel. Nesa fotografía aparece F. Carballo o 7º pola esquerda. Imos contextualizar esa imaxe tirando da páxina 162 do libro “Conversas con Francisco Carballo” (Prol / Carballa, 2002): “Na Asamblea Constitutiva en Riazor (A Coruña, 25 e 26 de setembro de 1982) artéllase o Bloque Nacionalista Galego (BNG). F. Carballo sae elixido como membro do Consello Nacional. ¿Cal é a evolución do BNG dende ese intre?“ “A situación no ano 81-82 era de…

Ler máis Ler máis

OS PSEUDÓNIMOS DE FRANCISCO CARBALLO

OS PSEUDÓNIMOS DE FRANCISCO CARBALLO

Pásanos Xan Carballa esta foto de F. Carballo no seu despacho na redacción do semanario A Nosa Terra en Vigo, datada en abril de 1988. No libro das “Conversas” (Prol / Carballa, 2002) cóntanos que deixara imprentados naquel medio moitos artigos, editoriais nos anos 80, recensións de libros… Mesmo que entendera a función e influencia da prensa, debéndolle “horas de alegría e responsabilidade”. Outrosí que fora presidente da empresa editora (Promocións Culturais Galegas S. A.) dende 1981 até 1995. Logo…

Ler máis Ler máis

UNDÉCIMO CABODANO DE F. CARBALLO

UNDÉCIMO CABODANO DE F. CARBALLO

Recuperamos hoxe, no undécimo cabodano do pasamento de F. Carballo, o sentido texto que asinou Rosa Cal en decembro de 2014: O sábado 29 de novembro (de 2014) morreu Francisco Carballo na residencia da Orde dos PP. Paúles da que formaba parte, en Santa Marta de Tormes, nas aforas de Salamanca capital, onde, ben tratado, enxergaba a mirada cara á súa Terra. Carballo era oriúndo de Ourense e exerceu o seu oficio relixioso varias décadas en Galiza. Coñecemos a Carballo…

Ler máis Ler máis