Navegación por
Categoría: f.carballo

FRANCISCO CARBALLO NA PORTADA DO “CEIBE”

FRANCISCO CARBALLO NA PORTADA DO “CEIBE”

Coa xenerosidade de sempre, pásanos o amigo Xan Carballa outro salientábel documento prá memoria e vindicación do fillo sobranceiro de Maceda, o historiador e presbítero ilustrado Francisco Carballo. Desta volta trátase da portada do número 12 do Ceibe, o voceiro da Asamblea Nacional Popular Galega [ANPG], que leva data de novembro do 1977 [custaba 3 pesos, léase 15 pesetas da época]. Nesa histórica portada podemos ollar un Francisco Carballo combativo, megáfono en man, falando -enérxico- no III Plenario da ANPG…

Ler máis Ler máis

PARADOR DE PONTEVEDRA. PALACIO DOS CONDES DE MACEDA

PARADOR DE PONTEVEDRA. PALACIO DOS CONDES DE MACEDA

No Roteiro de 2019 “Os lugares de Francisco Carballo”, centrámonos na cidade de Pontevedra coa que tivo grandes concomitancias boa parte da súa vida. Mesmo fixemos un “receso” no Parador de Turismo, que fora erixido como Pazo dos Condes de Maceda e residencia habitual dos mesmos. Do libro “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009], dentro do extenso capítulo “O Condado de Maceda”, exhumamos [páx. 207]: “Ademais do Castelo de Maceda, dos Pazos de Sobrán, Lanzós, Taboada, Santo Antoíño,…

Ler máis Ler máis

XAN CARBALLA, O XORNALISMO CON MAIÚSCULAS

XAN CARBALLA, O XORNALISMO CON MAIÚSCULAS

Xa nos vimos o primeiro día de clase [curso 1978-79] na Escola de Maxisterio de Ourense, daquela coñecida como A Normal [outrosí como “A Fábrica” -de opositores-]. Nós eramos, dentro da aula de Filoloxía, os “frikis” de Inglés. Aquel centro de ensino estaba no Barrio da Ponte, cunha praza presidida por un busto de don Vicente Risco polo seu sempiterno vencello coa Normal. Xan e a súa irmá Bea viñan dende Vigo e vivían perto da Estación de Ferrocarril Empalme….

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS

ELIXIO RIVAS E O MUSEO DOS DEVANCEIROS

Achegámonos a Elixio Rivas por mor dunha monografía súa sobre a “Historia do Santuario dos Milagres” [1991]. Agora ben, abraiounos a “biblia” da nosa contorna, que el tirara do prelo en 1985; un auténtico “vademecum” que todo investigador debe ter en conta á hora de mergullarse nestas terras. Estamos a falar de “A Limia: Val de Antela e Val do Medo”. Elixio Rivas é un pioneiro ilustrado; todo un referente en etnografía, arqueoloxía e toponimia a nivel galego. Estudara nos…

Ler máis Ler máis

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

ARREDOR DO SANTUARIO DOS MILAGRES  DO MONTE MEDO (1)

Houbo un Monte Medo pagán até o século IX, cunha grandísima explotación mineira abeirada [na época do Imperio Romano]. Logo un Monte Medo relixioso que chega até os nosos días, cun centro de culto mariano [maiormente dende o século XVIII], un dos máis concorridos de Galicia. Alí, ademais da visita de rigor aos espazos relixiosos, podemos achegarnos até o Carballo da Santa; unha árbore centenaria que pode sobordar os cincocentos anos e que aparece salientada na web www.patrimoniogalego.net; un carballo…

Ler máis Ler máis

CARTA AO SEÑOR FUTURO

CARTA AO SEÑOR FUTURO

A comezos de 2008 Francisco Carballo imprentou no semanario ANT unha columna con ese título. Sabíamos da súa querenza polos escritores uruguaios Eduardo Galeano e Mario Benedetti. Nós tivemos a fortuna de escoitalos -ao igual que Carballo- eiquí en Compostela máis dunha vez aos dous: “Non quero deixar de sumarme a ese agasallo en galego de Eduardo Galeano [Laiovento, 2008], unha escolma longa e trepidante de artigos deste avogado e xornalista para nós (…). De Galeano teño sempre á man…

Ler máis Ler máis