Navegación por
Categoría: f.carballo

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

FRANCISCO CARBALLO, UN DOS IMPRESCINDÍBEIS

O teólogo Victorino Pérez Prieto publicou no núm. 15 de AREAL [14/10/2017], a revista da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), un sentido traballo. Imos recuperar parte da súa loa, que aporta fasquías abondo interesantes sobre o presbítero ilustrado de Maceda: “Francisco Carballo, cura, historiador, intelectual, profesor e home comprometido pastoral, social e politicamente co pobo galego, foi unha das figuras fundamentais na cultura e na sociedade galega contemporánea. Incansábel promotor de iniciativas. Tamén investigador e divulgador da Igrexa…

Ler máis Ler máis

CONVERSA CON XAN CARBALLA NO XORNAL EL PAÍS

CONVERSA CON XAN CARBALLA NO XORNAL EL PAÍS

Recuperamos unha das memorábeis entrevistas que lle fixo Xan Carballa (https://elpais.com/autor/xan-carballa/) . Desta volta no suplemento LUCES do xornal EL PAÍS, o venres, 29 de xuño de 2007, cando estaba a gobernar eiquí o Bipartito (BNG/PSOE). Ademais do titular “A nosa obriga é destapar os relatos falsos do poder”, Francisco Carballo aportou intencionadamente outras máximas. Dicíanos Xan que o presbítero ilustrado de Maceda escollía ben como falar a cada público: “O poder utiliza para lexitimarse verdades e falsidades e non…

Ler máis Ler máis

IN MEMORIAM DE ANTÓN GÓMEZ EN ENCRUCILLADA

IN MEMORIAM DE ANTÓN GÓMEZ EN ENCRUCILLADA

Antón Gómez González, orixinario das Bouzas do Rodicio [moi perto de onde naceu Francisco Carballo en Celeirón de Asadur], é unha das persoas que mellor coñeceu ao presbítero ilustrado de Maceda. Reencontrámonos con el (e a súa compañeira) en Santa Marta de Tormes (Salamanca) o domingo, 30 de novembro de 2014, con Carballo de corpo presente. Dende Maceda achegámonos Xabier Oviedo (alcalde), Bieito Seara (ex alcalde e alto cargo no Bipartito) e o mantedor desta bitácora. Unha viaxe de ida…

Ler máis Ler máis

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

IN MEMORIAM DE MARISA VIDAL EN ENCRUCILLADA

A revista galega de pensamento cristián Encrucillada agromou co facho do Concilio Vaticano II. Francisco Carballo colaborou dende o malogrado núm. 0 (1974). Ao pouco do pasamento do presbítero ilustrado de Maceda (o 29 de novembro de 2014), foron aparecendo lembranzas de colaboradores salientábeis en Encrucillada. No núm. 191 (xaneiro-febreiro 2015) Marisa Vidal, Rubén Aramburu e Antón Gómez fixeron sentidas achegas. No Guieiro dese número (vol. XXXIX) imprentaba o director, Pedro Castelao, que “o pobo galego perde, coa morte de…

Ler máis Ler máis

LEMBRANZA POLO FALECEMENTO DE CARBALLO

LEMBRANZA POLO FALECEMENTO DE CARBALLO

Xosé Manuel González Pérez, profesor de Lugo que a finais dos anos 70 do século pasado traballou no semanario ANT, fixo unha lembranza no Facebook, o 29 de novembro de 2014, xusto o día no que Francisco Carballo nos deixaba. Enviounos naquela altura o contido do texto o xornalista Xan Carballa, que recuperamos outra volta: “Rexo sempre, sorriso e voz de labrego cando viña pola redacción compostelá d’A Nosa Terra, na rúa da República de El Salvador, mediando a costa….

Ler máis Ler máis

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

En 2013, cando Francisco Carballo xa estaba moi “tocado” pola enfermidade, fixo unha lúcida colaboración (como biógrafo) para o documental “A fazaña da liberdade”, dedicado a Alexandre Bóveda. Aparece en dez intervencións abondo interesantes (minutos 5:26 / 6:45 / 12:36 /17:15 / 28:14 / 58:12 / 70:58 / 72:00 / 73:49 e 75: 52). Conforma este un dos postremeiros documentos videográficos de Francisco Carballo (en vida) que merece ser espallado. Tiramos do texto que pendurou a productora FilmikaGalaika en Youtube:…

Ler máis Ler máis