BENIGNO ÁLVAREZ, COLUMNISTA NO SEMANARIO LA REPÚBLICA
Xa dixemos na achega anterior que Benigno Álvarez colaboraba con certa asiduidade no semanario La República, no que tamén inserían traballos e artigos os “popes” do galeguismo, do socialismo e do republicanismo ourensán. Desta volta imos recuperar un par de parágrafos dalgunhas columnas que imprentou na segunda parte de 1930: “O rexurdimento cidadán que, por fortuna vai apoderándose dos nosos pobos, adquiriu nesta vila de Maceda a máis alta e significativa expresión coa xuntanza de todos os “bos e xenerosos”…