O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

O REGRESO DE BENIGNO ÁLVAREZ A MACEDA

Portada do libro. Arquivo: Santiago Prol

O sábado, 14 de xuño de 2008, no xornal La Voz de Galicia, ao día seguinte da presentación do noso libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” [Santiago Prol, ANT, 2008], apareceu unha salientábel columna de Antón Feito [pseudónimo dun xornalista ao máximo nivel do staff dese periódico naquela altura en Ourense]. Na súa sección “O fiadeiro” (páx. L2) imprentaba:

“Fai tempo que se viña reclamando un esforzo para rescatar a figura de Benigno Álvarez do dobre esquecemento ao que o tiñan condenado cando o asasinaran en 1937: o da vida truncada que lle impediu gozar da súa familia e de ver medrar a unha filla que nunca chegou a coñecelo e o silencio, a dura lousa que caeu encima dos perdedores. Afortunadamente o tempo serviu para reparar algunhas inxustizas e a memoria histórica do militante comunista de Maceda servía de marabilloso pretexto para xuntar veciños, investigadores, políticos e editores nun acto celebrado onte no castelo da vila no que se presentaba a publicación “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30”. O historiador Santiago Prol foi o responsábel do minucioso traballo de investigación que se plasmou no libro editado por A Nosa Terra. Santiago Prol estivo arroupado na presentación do libro no Castelo de Maceda por amigos e compañeiros como o alcalde , Xabier Oviedo, o director xeral de Acción Social, Bieito Seara, o conselleiro de Promocións Culturais Galegas, Afonso Eiré, o veterano historiador Francisco Carballo e moitos veciños da vila e da contorna. Esta publicación servirá para acercar aos máis novos a memoria dun líder político de gran relevancia no pasado século”.

Os comentarios están pechados.