A DEPRESIÓN TECTÓNICA DE MACEDA

A DEPRESIÓN TECTÓNICA DE MACEDA

Fonte do vídeo: H Rider, Montemeda, Depresión de Maceda e contorna dende o Rodicio, 10/VI/2019

A conca de Maceda áchase no centro no que hogano conforma a provincia de Ourense. Amosa unha forma alongada. As rochas metamórficas e graníticas que se atopan nesta depresión tectónica conformáronse na oroxenia varisca [herciniana], ao remate da Era Primaria, aproximadamente hai uns 300 millóns de anos.

As rochas metamórficas agroman nas beiras nor-occidental e sur-occidental con niveis de cuarcitas e lousas. As rochas graníticas atópanse no sector nor-oriental e occidental. Intertextualizamos ao xeógrafo Augusto Pérez Alberti (e outros) en Mineralogía de fracción, arcilla de suelos y sedimentos de la Cuenca de Maceda [Ed. do Castro, 1984]. Logo engaden: “Os depósitos sedimentarios cuaternarios que se atopan nesta conca de Maceda están compostos por detritos de granito e lousa que forman coadas lamacentas e sedimentos arxilosos con silicatos do tipo caolinítico e compostos de ferro, que é onde radica a calidade destas terras para o seu emprego na alfareiría”. 

A oroxenia herciniana “é un suceso xeolóxico de formación de montañas, debido ao movemento das placas tectónicas sobre el manto terrestre, ao remate do Paleozoico, entre finais do Devónico (fai uns 380 millóns de anos) e mediados do Pérmico (uns 280 millóns de anos), durando arredor duns 100 millóns de anos. Aconteceu pola colisión entre as grandes masas continentais de Euramérica (ou Laurasia) y Gondwana, incluíndo as masas máis pequenas de Armórica e Avalonia, e supuxo una parte significativa na integración do supercontinente Panxea” [Geología de España. Varios autores. Ed. Vera Torres, 2002].

Na conca de Maceda podemos atopar materiais sedimentarios do Terciario Superior e do Cuaternario que se xeraron como consecuencia da erosión dos materiais rochosos abeirados. Os xeólogos coidan que ten “menos de 4 millóns de anos”. Unha depresión dunhas 7.000 hectáreas conformada na oroxenia Alpina, 40 millóns de anos atrás. Xerouse polo choque entre o que hoxe coñecemos como Europa e África. Estamos intertextualizando ao xeólogo Eduardo José González Clavijo en La mina romana de los Milagros en Maceda (2021): “Iso fixo que esta zona da Península Ibérica se fracturase en bloques que se elevaron. A conca de Maceda é unha zona de bloques que se elevaron menos que os circundantes e que se encheu dos sedimentos producidos pola erosión das zonas altas abeiradas”.

Logo engade: “A conca reencheuse de sedimentos até unha altitude superior á de hogano, xa que logo o río Arnoia e os seus afluentes [río Maceda, Tioira e regatos varios] levan varios millóns de anos erosionando estes sedimentos. Como mínimo, a altitude que acadaron estes depósitos é a actual do Santuario dos Milagres do Monte Medo. Estes sedimentos eran gravas, areas y arxilas depositadas na conca por abanicos aluviais e cursos fluviais que se orixinaban nas zonas más altas. O cantos das gravas son de cuarzo y de cuarcita. Destacan las grandes variacións laterais nos sedimentos desta zona, pasando de arxilas a arenas o a gravas lateralmente (…)”.

Os comentarios están pechados.