UN BOSQUE TROPICAL NA DESÉRTICA ILLA ASCENSIÓN
Atopamos un aquelado documental de “Redfern Natural History Productions” [7´], que nos mergulla -outra volta- na transformación dunha parte da desértica Ascension Island [descuberta polo macedán João da Nova], nun bosque tropical, coa axuda da intervención humana [dende mediados do século XIX]. Nas ladeiras e cantís máis elevados da estratéxica illa sementaron plantas e árbores de moitos lugares que, naquela altura, pertencían ao Imperio Británico e a outros países abeirados e amigos. A idea pra que agromase esta singular fraga…