O PADRE SANTIAGO PROL NA LEMBRANZA
O 4 de agosto de 1968, día de feira grande en Maceda, desprazámonos até Santa Mariña de Bobadela a Pinta [Xunqueira de Ambía] pra acompañar ao noso parente, o padre Santiago Prol Díaz, na súa primeira misa na terra de orixe. Tiñamos nós naquela altura 7 anos de idade e el 27, a piques de cumprir os 28. Foramos coa nosa nai, coa tía Carmiña, con algunhas das nosas primas [da trintena que conformamos]. Todos amoreadiños nun autobús dende a…