NO PROGRAMA CULTURAL ZIGZAG DA TVG ARREDOR DE MANUEL VIDAL

NO PROGRAMA CULTURAL ZIGZAG DA TVG ARREDOR DE MANUEL VIDAL

Cando publicamos a biografía “Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda” (Postal Editores: 2017), levabamos moitos anos comprometidos con aquela arela. Como case sempre neste Noso País, o autor é quen move a vulgarización dos seus propios libros. Cos nosos contactos na RTVG procuramos que aquel volume saíse no referencial programa cultural ZigZag. Logramos inserir unha sintética, pero moi aqueloutrada reportaxe, gravada na Praza de Mazarelos, intramuros da améndoa de Santiago de Compostela, onde estivera o instituto masculino no que exercera como catedrático de Lengua e Literatura Españolas o egrexio crego macedán. Eis o singular documento audiovisual da TVG, emitido o 19 de marzo de 2018 na canle matricial, logo do telexornal do mediodía, e despois na TVG-2, e que tamén tivo a ben pendurar posteriormente o activista José Juan Pérez en Maceda na Rede. ¡Beizón a todos!

Os comentarios están pechados.