ENTREVISTA EN RADIO MACEDA NO ANO CERO DO BICHO
Por iniciativa do ex alcalde e amigo Xabier Oviedo, que sempre exerce de macedán, participamos un par de veces nesta nova xeira de Radio Maceda, en plena pandemia (no Ano Cero do Bicho). A data desta segunda entrevista coincidiu co aniversario da Revolução dos Cravos, o 25 de abril de 2020. Falamos do universo vencellado coas nosas pescudas sobre Maceda e os seus egrexios durante unha media hora. Como Xabi sabe da nosa querenza por Bob Dylan, despediu a entrevista cunha das cantigas icónicas que o Nobel de Literatura de Duluth (Minnesota), compuxera para a película Pat Garrett & Billy the Kid de Sam Peckinpah (na que mesmo fixera de actor secundario coa súa armónica) e que nos gorentaría, quen nos siga nesta bitácora, escoite ao remate. Graciñas mil Xabi e aos demais invitados que participaron na conversa con nós. Beizón!