CARBALLO NUN DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA
En 2013, cando Francisco Carballo xa estaba moi “tocado” pola enfermidade, fixo unha lúcida colaboración (como biógrafo) para o documental “A fazaña da liberdade”, dedicado a Alexandre Bóveda. Aparece en dez intervencións abondo interesantes (minutos 5:26 / 6:45 / 12:36 /17:15 / 28:14 / 58:12 / 70:58 / 72:00 / 73:49 e 75: 52). Conforma este un dos postremeiros documentos videográficos de Francisco Carballo (en vida) que merece ser espallado. Tiramos do texto que pendurou a productora FilmikaGalaika en Youtube:…