A CASA DE ANA FRANK

A CASA DE ANA FRANK

No verán de 2007 fixemos coa nosa familia un circuíto polo norte de Alemaña, Holanda e Bélxica. Naquela viaxe ía incluída unha estancia en Amsterdam un par de días. Aproveitamos pra ver a Casa de Ana Frank, un museo prá historia que nos impresionara moito aos catro. Coas entradas viña un libriño guía de 16 páxinas, no que aparecía o relato ilustrado do que sucedera naquela casa dende o 6 de xullo de 1942 até o 4 de agosto de 1944. Na guía puidemos ler que “o servizo de seguridade alemán recibiu unha chamada anónima, denunciando a presenza de xudeus en Prinsengracht 263. Alguén delatara aos agachados. Ninguén sabe quen puido ser”. Porén, no abrente deste 2022 abriuse unha nova liña de investigación que encarreira cara un salientábel notario xudeu de Amsterdam, que sería quen tería revelado onde se atopaba a “Casa de atrás”, tal e como lle chamaba Ana Frank no seu “Diario”. Este notario tería feito un acordo cos nazis pra salvar á súa propia familia… Atopamos en youtube un vídeo moi aqueloutrado sobre a Casa de Ana Frank, como exemplo paradigmático do illamento social por causas extremas:

Os comentarios están pechados.