FRANCISCO CARBALLO NUN MITIN DO BN-PG

FRANCISCO CARBALLO NUN MITIN DO BN-PG

Foto: Xan Carballa

Pásanos Xan Carballa un documento gráfico (desta volta en cor), do que xa falamos noutra achega (PINCHAR EIQUÍ). Foi nun mitin en Vigo do BN-PG en 1978. Identifica, de esquerda a dereita, a Fernando Acuña, Francisco Carballo, Tereixa Conde Pumpido, Pedro Luaces e Francisco García Montes. Naquela altura Carballo, ademais de exercer a docencia en Vigo, de abandeirar a Cultural e de implicarse politicamente no BN-PG, publicara, en coautoría con Alfonso Magariños, un libro vencellado coa Igrexa na Galicia Contemporánea que inicialmente ía saír en galego. A Editorial Galaxia rexeitara o libro, pois a Ramón Piñeiro non lle gustaba o enfoque, mesmo argumentaba que era demasiado extenso. Ao remate aparecera en Akal, na colección Arealonga con 599 páxinas. O volume procuraba unha análise da II República (1931-36) profundizando na actuación da Igrexa a nivel político, social e relixioso.

Os comentarios están pechados.