BIEITO SEARA, O POSITIVISMO, A VITALIDADE E O COMPROMISO
Cando Bieito foi nomeado Director Xeral de Acción Social da Secretaría do Benestar, inserida na Vicepresidencia do Goberno Bipartito [25 de agosto de 2005], preparamos un encomio do que imos rememorar o máis salientábel: “Bieito Seara pertence á colleita de 1960 [nacera o 13 de marzo ás 4 da tarde]. De moi cativos compartimos aula en párvulos cunha sádica e voluminosa mestra que mallaba a cotío en nós. A mediados daquela década inaugurouse o Grupo Escolar Cardeal Quiroga Palacios. Bieito,…