LECTURA DUN PAR DE FRAGMENTOS SOBRE O NAVEGANTE

LECTURA DUN PAR DE FRAGMENTOS SOBRE O NAVEGANTE

Portada e contraportada do volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal”. Santiago Prol, 2002

A comezos de novembro de 2010, a directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega [AELG], propúxonos facer varias gravacións breves, entre as que estaba a lectura dun fragmento dun dos libros da nosa autoría que máis nos gorentase [as gravacións fixéronse na terceira planta do Pazo de Raxoi, eiquí en Compostela, que mesmo está habilitada como sede do Consello da Cultura Galega]. Escollemos intencionadamente un par de fragmentos, o primeiro e o último parágrafo, do volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal”, que tivera a ben editar a Deputación de Ourense en 2002, mesmo coa inestimábel colaboración do alcalde de Maceda naquela altura, Manuel Rodríguez Carballo, que nos apoiou pra que aquela fermosa aventura interoceánica, na que levabamos máis dun lustro mergullados, chegase a bo porto. En 2022 cúmprense 20 anos daquela publicación. Sería un intre abondo interesante para facer unha reedición daquel libro que recuperou un galego universal, o máis relevante do século XVI. Das tres gravacións inseridas nesta ligazón, a vencellada con João da Nova é a terceira, na sección titulada “O autor le a súa obra”. Beizón!

Eis o enlace á lectura dos fragmentos da obra amentada na web da AELG

Os comentarios están pechados.