APAIXONANTE DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA

APAIXONANTE DOCUMENTAL SOBRE A ILLA SANTA HELENA

Da web pilotguides.com [casa matricial de Globe Trekker], achegamos un vídeo abondo interesante de 51´23´´, incluído nos Grandes Documentais de TVE-2. Titúlase “Isolated Islands: Saint Helena”. Cando comezamos esta apaixonante aventura interoceánica na procura da traxectoria vital, heroicidades e descubertas do navegante da casa nobiliaria de Maceda (Ourense), recollido despois no pioneiro e canónico volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (2002), non existía Youtube nin ferramentas similares de vulgarización. Neste documental de Globe Trekker, o viaxeiro-presentador Zay Harding vai dende Cidade do Cabo [Sudáfrica] até a illa Santa Helena [en cinco días de travesía e 3.100 quilómetros]. Naquela altura [outubro de 2011] aínda estaba a medio construír o polémico aeroporto [inaugurado en 2017]. Esa atmosfera oceánica retrotráenos máis de 500 anos, cando João da Nova descubriu a illa ao regreso do Mabalar indio cara Lisboa, con catro caravelas revolucionarias. O luxoso buque transatlántico RMS Saint Helena veu facendo a travesía cada tres semanas [50 tripulantes, 150 pasaxeiros e 1.800 toneladas de carga]. Non hai porto nin espigón. Os buques teñen que ancorar perto da capital Jamestown e achegarse en barcos pequenos. Hogano viven en Santa Helena arredor de 4.500 habitantes. A cuarta parte aséntase na capital [enlatada entre cantís]. O documental amosa fermosas panorámicas da volcánica illa. Guía local en Jamestown. Referencia á descuberta polos lusos ao mando de João da Nova en 1502. Dominio inglés [dende 1659]. Escravitude. Post Office. Escaleira de Jacob con 699 chanzos. Taxi Chevy Charabanc de 1929. Recreación do exilio de Napoleón Bonaparte [1815-21]. Briars Pavilion. High Knoll Fort. Longwood House. Napoleon´s Tomb. Tartaruga xigante duns 180 anos en Plantation House [a Casa do Gobernador]. Obras en Saint Helena Airport [a 6 km de Jamestown]. Pista de 1.950 metros para avións de tamaño medio. Plantación de café arábica en Bamboo Hedge. Cumio da illa en Diana´s Peak [823m]. Bretemosos bosques de árbores endémicos. Fentos xigantes. Golfiños perto de Lemon Valley. Regreso. ¡Quedemos emprazados para esta extraordinaria experiencia!

Comentarios pechados.