PRAZA DO CONDE DE MACEDA EN MADRID
Tiramos outra volta de “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda”, Prol: 2009, Ed. Difusora, nas páxinas 174-75: “Exerceu o Conde de Maceda, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada [1726-54] como gobernador político, económico e militar de Madrid [correxidor -hogano alcalde- con funcións non homologábeis ás actuais]. Outrosí xentilhome con forzas armadas na Real Cámara, tenente xeneral dos Exércitos, vicerrei de Navarra (…). Dende aquela institución madrileña queixábase da escuridade nocturna, “auspiciadora de moitos roubos, asasinatos e lascivia na capital…