Navegación por
Categoría: pescudas

ILHA DA TRINDADE DESCUBERTA POR JOÃO DA NOVA EN 1501

ILHA DA TRINDADE DESCUBERTA POR JOÃO DA NOVA EN 1501

Este arquipélago habitado [o máis afastado de América do Sur no Océano Atlántico] foi descuberto polo navegante macedán João da Nova. Nesta grande reportaxe, producida e dirixida polo prestixioso documentalista brasileiro Emerson Cabral, ollaremos na súa inmensa diversidade a Ilha da Trindade (e as Ilhas Martín Vaz), que emerxeron hai 3 millóns de anos. O documental, emitido na TV Assambleia do ES brasileira, o 9 de xuño de 2018, cita expresamente o nome do mariño occidental que a contemplou por…

Ler máis Ler máis

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

O LIBRO DOS NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO EN GOOGLE BOOKS

Foi un encargo e un compromiso noso, nomeadamente polo vencello do rei Afonso X o Sabio con Maceda, mesmo cando veu -con once anos de idade- facer inmersión lingüística en galego ao Val do Medo. Xa teremos tempo de peneirar ese capítulo de vagar. Hoxe avanzamos contraportada e o enlace do libro en google books [vista previa con páxinas limitadas, aínda que cun bo feixe delas en aberto, incluído case todo o capítulo sobre Afonso X e a súa conexión…

Ler máis Ler máis

VÍDEO ARREDOR DO TRABALLO SOBRE A AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS (TERRA E TEMPO: 2019)

VÍDEO ARREDOR DO TRABALLO SOBRE A AGRUPACIÓN CULTURAL OS CABACEIROS (TERRA E TEMPO: 2019)

En novembro de  2018 recibimos unha chamada do presidente do Padroado da Fundación Terra e Tempo, Roberto Vilameá Ponte. Pasáralle o noso teléfono o amigo xornalista Xan Carballa. Demandábanos un traballo sobre a Agrupación Cultural Os Cabaceiros de Maceda, para un libro que se titularía “Resistencia e expansión cultural. Crónica do movemento cultural galego na ditadura (1961-1976)” [Terra e Tempo, núm. 180: 2019]. Xa repararemos polo miúdo naquela achega, a máis extensa de todo o volume (14 páx.). En Nadal…

Ler máis Ler máis

ESCOLMA DE BENS PATRIMONIAIS DE MACEDA

ESCOLMA DE BENS PATRIMONIAIS DE MACEDA

O Val do Medo conforma unha das zonas con maior concentración de achados paleolíticos de todo Ourense. A Arca do Medrollo, abeirada á aldea de Castro de Escuadro, semella un dos asentamentos primixenios da contorna. Outrosí dispomos de abondosos enterramentos prerromanos: Monte da Mámoa (Calvelo), Mámoas do Monte (Lamas), Mámoa de Tioira, Campo das Mámoas (Veiga), Francos, Xinzo da Costa… Tamén poboados castrexos: Malamao (Castro de Escuadro), Ventoso (San Mamede), Os Castrillós (Calveliño), Casarella (Xinzo da Costa), Santa Marta (Tioira),…

Ler máis Ler máis