POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

Ao longo da nosa vida visitamos moreas de parques zoolóxicos, moito máis cando iamos cos nosos fillos. Dos grandes salientaríamos o de Barcelona e, nomeadamente, o de Lisboa. Aos dous achegámonos un bo feixe de veces. Cabárceno [en Cantabria], que tamén visitamos, é outra cousa, e xa se encarga o mediático presidente Miguel Ángel Revilla de vulgarizalo. Porén, desta volta queremos poñer en valor o Zoo de Santillana del Mar [como di o tópico, non é santa, nin plana, nin…

Ler máis Ler máis

MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA

MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA

A histórica e pioneira cabeceira Radio Fene, que nacera en 1984 ao abeiro daquela corrente de radios ceibes que comezara en Cataluña, e que abandeirou dende os seus comezos o historiador Henrique Sanfiz, reparou no vencello de Alejandro Pérez Lugín, o autor de “La casa de la Troya” [1915], e a parroquia de Maniños [Fene]. Da súa páxina web exhumamos unha crónica abondo interesante nesa conexión [19/VII/2016]: “A parroquia de Maniños en Fene ten unha considerable presenza na novela de…

Ler máis Ler máis

SOLPOR NO SEIXO

SOLPOR NO SEIXO

Por mor desta noxenta xeira distópica e co bicho axexando en bucle, o plan B pasando estadías en Maniños [Fene] -fóra da gaiola compostelá-, atópanos case todas as semanas -denantes de empardecer- facendo camiñadas até o Seixo [parroquia de Franza, concello de Mugardos], lugar de nacemento dos egrexios da nosa familia política [léase o intrépido aviador Xosé Piñeiro, que mesmo ten un par de estatuas á súa memoria en Sanxenxo e o pintor galeguista Felipe Bello Piñeiro, que finou na…

Ler máis Ler máis

WELCOME TO JUAN DE NOVA ISLAND

WELCOME TO JUAN DE NOVA ISLAND

O nome oficial desta illa descuberta polo navegante galego João da Nova, como xa temos apuntado [Prol: 2002a], semella un híbrido entre o castelán [Juan], o galego-portugués [de Nova] e o inglés [Island]. Mesmo para máis cosmopolitismo actualmente pertence [política, administrativa e militarmente falando] ao territorio de ultramar de Francia. Inserimos desta volta un aqueloutrado vídeo de Mixtral/13, titulado “Juan de Nova, a lost paradise in the Indian Ocean” [“Juan Nova, un paraíso perdido no Océano Índico”]; unha delicia visual…

Ler máis Ler máis

RECENSIÓN DO LUCAS SOBRE O LIBRO DE X. L. PARENTE

RECENSIÓN DO LUCAS SOBRE O LIBRO DE X. L. PARENTE

A pioneira e vangardista bitácora do douto amigo Lucas Domínguez amosa unha consigna que sempre nos gorentou [Perturbación Aleatoria. A realidade é un erro froito da nosa subxectividade]. Rescatamos desta volta a recensión que fixo o 6 de abril de 2007 do noso libro “Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República” (Postal Editores, 2006). Queremos, dende esta modesta bitácora, agradecerlle ao amigo Lucas o seu traballo, non só por esta fasquía, senón por todo canto leva aportado a…

Ler máis Ler máis

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

O 25 DE XULLO ARREDOR DE MACEDA

Día da Patria Galega. Día de Galicia. Día do Santo Patrón das Españas. Festividade do Apóstolo Santiago… Nun só día poden entrar case todas as fasquías. Na órbita relixiosa en Maceda temos, abeirado ao 25 de xullo, ao Cardeal Quiroga Palacios, que protagonizou os Anos Santos de 1954, 1965 e 1971. Mesmo foi o impulsor iniciático do actual fenómeno Xacobeo. No plano arqueolóxico e literario temos ao presbítero ilustrado Manuel Vidal que escribiu tres libros arredor do universo Xacobeo e…

Ler máis Ler máis