WELCOME TO JUAN DE NOVA ISLAND

WELCOME TO JUAN DE NOVA ISLAND

O nome oficial desta illa descuberta polo navegante galego João da Nova, como xa temos apuntado [Prol: 2002a], semella un híbrido entre o castelán [Juan], o galego-portugués [de Nova] e o inglés [Island]. Mesmo para máis cosmopolitismo actualmente pertence [política, administrativa e militarmente falando] ao territorio de ultramar de Francia. Inserimos desta volta un aqueloutrado vídeo de Mixtral/13, titulado “Juan de Nova, a lost paradise in the Indian Ocean” [“Juan Nova, un paraíso perdido no Océano Índico”]; unha delicia visual desta singular illa vencellada xa por sempre ao navegante da casa nobiliaria de Maceda. Eis o logrado traballo de case cinco minutos de duración, mesmo filmado en parte dende o aire, para goce de todos os interesados na traxectoria deste nauta macedán, ourensán e, por ende, galego universal, que pisou e percorreu esa pequena illa no Canal de Mozambique [que mesmo foi bautizada co seu nome] e esa longuísima e abraiante praia de area branquísima de máis de 4 km, hai agora algo máis de 500 anos. Como diría o polifacético Xurxo Souto: ¡Saúde e Océano!

Os comentarios están pechados.