DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA

DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA

A comezos de maio de 2012, o xornalista David Reinero púxose en contacto con nós, pois quería mergullarse na apaixonante aventura de João da Nova, para inserir unha reportaxe que axiña sairía con grande amplitude no xornal El País (8/V/2012). Quedamos con el nunha céntrica cafetería da Praza Roxa, eiquí en Compostela [na nosa xeira de estudantes chamábase o Mochi]. Levámoslle un exemplar do noso libro “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Prol, 2002)…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA NA HISTÓRICA BATALLA NAVAL DE DIU (1509)

JOÃO DA NOVA NA HISTÓRICA BATALLA NAVAL DE DIU (1509)

No xornal Expresso [14/02/2009] aparece imprentado un clarificador traballo de Margarida Magalhães Ramalho, “A Batalha de Diu, uma vingança pessoal”, que vai na liña do que nós publicamos no canónico volume “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” (Prol, 2002) e en “João da Nova, o galego máis relevante do século XVI”, capítulo central do volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” (Prol, 2009), no que actualizabamos as pescudas sobre este macedán universal. A Batalla…

Ler máis Ler máis

CONVERSAS CON FRANCISCO CARBALLO

CONVERSAS CON FRANCISCO CARBALLO

Ao remate do ano 2000, o historiador Francisco Carballo impartiu con nós unha charla ao abeiro do centenario do nacemento do Cardeal Quiroga Palacios en Maceda. Logo fomos cear con el, o inquedo activista Bieito Seara, o doutor Celso Sánchez e nós mesmos, ao Restaurante do Alto do Couso [hogano os tres abandeiramos a Asociación Amigos de Francisco Carballo]. Ao remate da cea convencémolo para que fixese un libro de conversas con nós e co prestixioso xornalista Xan Carballa do…

Ler máis Ler máis

JOÃO DA NOVA, UN MARIÑO GALEGO AO SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL

JOÃO DA NOVA, UN MARIÑO GALEGO AO SERVIZO DA COROA DE PORTUGAL

Un compromiso de por vida, ao que estaremos vencellados até o derradeiro día, é a vindicación de João da Nova [Xoán de Nóvoa para algúns] como un galego universal, o máis sobranceiro do século XVI e un dos grandes egrexios do que hogano poderiamos chamar Ourensanía. A nosa aventura comezara xa nos anos 70 do século XX cando leramos aquel breve texto sobre el en “Geografía General del Reino de Galicia” que xa amentamos nunha achega anterior. Logo, nos anos…

Ler máis Ler máis

BENIGNO ÁLVAREZ, UN COMUNISTA NA GALIZA DOS ANOS 30

BENIGNO ÁLVAREZ, UN COMUNISTA NA GALIZA DOS ANOS 30

Repararemos polo miúdo nesta bitácora sobre a figura de Benigno Álvarez e, por extensión, nos caídos e represaliados da contorna de Maceda logo do golpe militar de xullo de 1936. Mesmo contaremos como logramos localizar á súa filla, que semellaba finada nas publicacións imprentadas naquela altura, como nos achegamos [co malogrado amigo Antón Gómez e a súa compañeira Avelina Losada], até Aroles (Vega, Xixón) ao seu domicilio particular, como logramos facer a entrevista que logo apareceu no libro [Prol, 2008],…

Ler máis Ler máis

PRIMEIRO POEMA NO Nº 7 DE “DORNA”

PRIMEIRO POEMA NO Nº 7 DE “DORNA”

Ao abeiro dos 40 anos do nacemento de Dorna. Expresión poética galega, que agromara o 17 de maio de 1981, coordinada por Luís E. González Tosar [egrexio poeta, hogano presidente do PEN Club Galicia e artífice do singular proxecto cultural Insua dos Poetas], imos recuperar o primeiro poema da nosa autoría imprentado no número 7 desta histórica publicación. Saíra no mes de abril de 1984 dos talleres da imprenta universitaria da USC. Até aquela altura fixeramos algunha modesta incursión en…

Ler máis Ler máis