A ILLA ASCENSIÓN E O MAREMOTO DE 1755

A ILLA ASCENSIÓN E O MAREMOTO DE 1755

Atopamos en Youtube ao divulgador científico Alberto Veloso [prestixioso xeólogo, profesor e doutor brasileiro], inserindo didácticos vídeos sobre dúas das illas descubertas polo nauta macedán João da Nova a comezos do século XVI. Estamos a falar de Ascensión [Ilha da Ascenção na lusofonía] e da Ilha da Trindade. Na relevante serie “Pelos caminhos do maremoto de 1755”, o xeólogo brasileiro [que se alcuma el mesmo Terremoto Veloso], vai mergullándose na sismicidade ao longo da Cadea Meso-Atlántica e nas particularidades xeolóxicas de Ascensión desta volta [Trindade deixarémola para outra achega]. El mesmo engade na entradiña ao vídeo [en portugués do Brasil]:

“A ilha de Ascensão foi mais uma das localidades visitadas pelo maremoto de 1755. Próxima da Cadeia Meso-Atlântica a ilha comprova vulcanismo recente, possui dezenas de cones de escórias vulcânicas e topografia peculiar. A Dorsal Atlântica pode ser vista como uma longa e estreita faixa submarina com alta sismicidade, porém esses tremores, com explica o vídeo, não geram tsunamis para trazer perigo ao litoral brasileiro. Charles Darwin visitou Ascensão, identificou sua aridez e o seu caráter vulcânico e influenciou outros cientistas para que a ilha fosse reflorestada”.

Engade que fora descuberta en 1501 por unha frota portuguesa, habitada en 1815 [por unha guarnición militar inglesa], que ten 50 conos volcánicos, que a última erupción foi hai mil anos e que en 1836 foi visitada por Darwin [que a identificou como volcánica, árida, sen auga aparente, con paisaxe inhóspita, topografía accidentada, con grande variedade de cinzas, lavas e bombas volcánicas]. Outrosí que o botánico Joseph Dalton Hooker reforestou a illa dende 1850, con naves cargadas de plantas procedentes de todo Europa. Mesmo que hogano a artificial Green Mountain de Ascensión Island amósase moi húmida, fría, con abundante chuvia, con bananeiras tropicais e que, a máis verde, máis vida. Eis o didáctico e ameno vídeo do influente xeólogo brasileiro, que engade outra fasquía diferente [ademais da xeoestratéxica de hogano] á illa descuberta polo macedán João da Nova:

Os comentarios están pechados.