MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA
A histórica e pioneira cabeceira Radio Fene, que nacera en 1984 ao abeiro daquela corrente de radios ceibes que comezara en Cataluña, e que abandeirou dende os seus comezos o historiador Henrique Sanfiz, reparou no vencello de Alejandro Pérez Lugín, o autor de “La casa de la Troya” [1915], e a parroquia de Maniños [Fene]. Da súa páxina web exhumamos unha crónica abondo interesante nesa conexión [19/VII/2016]: “A parroquia de Maniños en Fene ten unha considerable presenza na novela de…