A DESACOUGANTE ATERRAXE NA ILLA DE SANTA HELENA

A DESACOUGANTE ATERRAXE NA ILLA DE SANTA HELENA

Continuando coa teima de seguir as pisadas do nauta João da Nova, mesmo na procura dun roteiro infindo aos lugares nos que viviu e tamén aos que descubriu [Maceda e Ourense na Galiza, Lisboa e Sagres en Portugal, Ilha da Trindade fronte á costa brasileira, Mossel Bay na actual Sudáfrica, Juan de Nova Island na Canle de Mozambique moi perto de Madagascar, Cananor e Cochim no Kerala indio, a illa de Ceilán hogano Sri Lanka, a illa Kilwa Kisiwani na actual Tanzania, Mombasa en Kenia, a illa de Diu no norte da India, a illa da Ascensión e a illa de Santa Helena no Atlántico Austral…], achamos outro interesante vídeo sobre a perigosa aterraxe nunha das estratéxicas illas descubertas polo navegante galego no Atlántico Sur. Estamos a falar de Santa Helena, onde estivo exiliado e onde morreu Napoleón Bonaparte o 5 de maio de 1821 e do que xa se cumpriron 200 anos. A canle Aviation Brasil News pendurou, en setembro de 2018, un vídeo que nos desacouga. Logo de varios intentos desafortunados por mor dos ventos que sempre hai alí, un avión británico logrou aterrar “daquela maneira” en Santa Helena. Avanzamos, denantes de pendurar este impactante documento visual, o texto que o acompaña no brasileiro orixinal:

“A inauguração de um aeroporto em um território ultramarino britânico foi adiado por causa do excesso de vento que prejudica os pousos e decolagens. O aeroporto foi construído na ilha de Santa Helena, que fica no Oceano Atlântico Sul, entre a África e a América do Sul, mais conhecida por ter sido local de exílio e morte de Napoleão Bonaparte. O projeto custou 285 milhões de libras (cerca de R$ 1,4 bilhão) e estava previsto para abrir em maio. Em um voo teste feito no aeroporto, no entanto, o piloto quase não foi capaz de pousar porque o sistema de alarme da aeronave alertava sobre os fortes ventos.” ¡Beizón!

Os comentarios están pechados.