A XEOLOXÍA ACESA DA ILLA DA TRINDADE

A XEOLOXÍA ACESA DA ILLA DA TRINDADE

O prestixioso xeólogo brasileiro Alberto Veloso, que xa amentamos noutra achega, pendurou en Youtube outro didáctico vídeo ao abeiro do maremoto do 1755. Ademais de facer un percorrido pola intensísima xeoloxía da illa, contextualiza, mesmo con pedagoxía e con empatía co receptor, a historia coa intervención humana, dende que en 1501 fora descuberta polo navegante de Maceda ao servizo da coroa portuguesa, João da Nova. Na entradiña en portugués brasileiro insire: “A ilha da Trindade é um pedacinho do Brasil bem distante do continente e com histórias desconhecidas de quase todos. Ela é bem bonita, cheia de cores naturais e repleta de singularidades: guarda provas da última manifestação vulcânica em território brasileiro e já indicou que possui sismicidade próxima. Nem sempre foi do Brasil, pois esteve em mãos do Império Britânico e um aventureiro a considerou um principado. Até o conhecido astrônomo Edmond Halley esteve por lá nos criando problemas. O vídeo mostra detalhes de tudo isso”. Desta volta o documento audiovisual dura algo menos de dez minutos. Mesmo complementa a achega anterior que penduramos na bitácora e que focaliza fasquías diferentes para obter unha visión de conxunto máis aqueloutrada. Obrigado ao doutor Veloso. Lembremos á consigna de Xurxo Souto: ¡Saúde e Océano!

Comentarios pechados.