JOÃO DA NOVA NO TOMO XXXIII DA GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA

JOÃO DA NOVA NO TOMO XXXIII DA GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA

Na vedraña “Gran Enciclopedia Gallega” [GEG] editada por fascículos en castelán, do emprendedor asturiano Silverio Cañada [30 tomos máis 2 anexos], e tirada no prelo de Heraclio Fournier [o das cartas da baralla] en Vitoria, había unha cativa entrada dedicada a João da Nova [Juan de Nóvoa na súa versión]. Despachaban ao galego máis sobranceiro do século XVI nunhas poucas liñas do tomo XXII, tirando como fonte a Francisco Lanza en  “Dos mil nombres gallegos” [1953]. Cando saíu do prelo…

Ler máis Ler máis

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

ATÉ SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E MÁIS ALÁ

Dende hai case corenta anos, mesmo ao comezo ou ao remate do verán, imos dende Maniños [Fene] até Santo André de Teixido e máis alá… Logo de percorrer boa parte do territorio do concello  fenés, atravesar a Ponte das Pías [que une Fene con Ferrol], pasar polo Polígono da Gándara dirección Cemiterio de Catabois e logo Valdoviño [o da Praia da Frouseira] pola estrada da costa, aproximámonos a Cedeira por unha calzada rodeada de eucaliptos e moitas curvas. Hogano moi…

Ler máis Ler máis

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA

Nas excursións que faciamos co alumnado até Barcelona, había unha parada e fonda no Monasterio de Piedra, que pertence ao concello de Nuévalos, ao sur de Zaragoza. Como a viaxe até a capital catalá sobordaba os mil quilómetros, unha pausa alí semellaba axeitada. Mesmo tiñan dentro do propio cenobio, que hogano funciona como hotel, un par de espazos adaptados para excursións escolares. O profesorado podía así pasar a noite nos cuartos habilitados daquel vedraño edificio. Ao día seguinte, pola fresca,…

Ler máis Ler máis

O SANTUARIO DOS MILAGRES & CARBALLO

O SANTUARIO DOS MILAGRES & CARBALLO

O vencello de Francisco Carballo co Santuario Mariano dos Milagres foi aceso ao longo da súa vida. Alí estudou na súa preceptoría de Latinidade. Sobre el fixo o seu primeiro libro. Alí misou unhas cantas veces en galego. Mesmo descansou na residencia dos PP Paúis. Alí predicou a “Populorum Progressio” de Paulo VI co bispo integrista Temiño Saiz axexando, mesmo enviando espías para que lle informasen do que comentaba Carballo ao abeiro dos novos aires do Concilio Vaticano II [naquela…

Ler máis Ler máis

A ILLA DOS PROSCRITOS. RUMBO Á MÍTICA SANTA HELENA

A ILLA DOS PROSCRITOS. RUMBO Á MÍTICA SANTA HELENA

Recuperamos -na categoría desta bitácora dedicada ao macedán universal  João da Nova– un documental duns 26 minutos da DW [servizo público de televisión e radio alemáns], sobre unha das estratéxicas illas descubertas por el, que mesmo foi clave nas viaxes de regreso da Carreira da India, pois tiña auga doce e vexetación. Unha ollada singular esta interesantísima reportaxe de Thomas Denzel, producida en 2017 [co aeroporto aínda en probas por mor dos serios problemas co vento á hora de aterrar]….

Ler máis Ler máis

TRES DOCUMENTOS GRÁFICOS COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

TRES DOCUMENTOS GRÁFICOS COMO PIONEIRO A PROL DA LINGUA

No libro “Conversas con Francisco Carballo” (Prol / Carballa, 2002), publicado por Edicións ANT, aparecen catro documentos gráficos [pp.172-173], nos que amosamos ao presbítero nacionalista de Maceda participando activamente nas campañas a prol da galeguización da toponimia en galego e tamén na Primeira Carreira Popular en Defensa do Idioma Galego, organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galegas e abandeirada pola Asociación Cultural de Vigo, que el presidía naquela altura de comezos dos anos 80. Enviounos Xan Carballa outras fotos da…

Ler máis Ler máis