ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

De esquerda a dereita: Celso Sánchez, Santiago Prol, Francisco Carballo e Bieito Seara [5 de abril de 2002]. Arquivo do autor.

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de abril de 2002, está contextualizada nun daqueles encontros. Escoitar a Carballo sempre era un luxo, departir con el nun parladoiro ou nunha cea, sempre era un privilexio. Durante varios anos seguimos fixando unha data arredor da primavera para aqueles encontros no Morrazo. Eis o documento gráfico que queremos recuperar dende a Asociación Amigos de Francisco Carballo (AAFC). ¡Beizón!

N.B.- Xa abeiramos as 300 visitas ao vídeo que proxectamos o 20 de outubro de 2018, no 4º Roteiro OS LUGARES DE FRANCISCO CARBALLO, na Biblioteca Pública de Maceda que leva o seu nome. ¡Graciñas mil!
Eis o enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=xfP-pZiKAj8

Os comentarios están pechados.