ILLA DA TRINDADE, UN TESOURO DA NATUREZA

ILLA DA TRINDADE, UN TESOURO DA NATUREZA

Denantes de meterlle o dente á reportaxe xeolóxica do doutor Veloso sobre a Ilha da Trindade, imos avanzar unha interesantísima reportaxe de 19 minutos, que nos aporta unha visión de conxunto moi aqueloutrada. A estratéxica illa fora descuberta por João da Nova en 1501, cando comandaba a III Viaxe á India ao servizo de Portugal. Hogano a Illa da Trindade está habitada por uns oitenta militares da Mariña do Brasil e por unha ducia de científicos que van rotando cada…

Ler máis Ler máis

A ILLA ASCENSIÓN E O MAREMOTO DE 1755

A ILLA ASCENSIÓN E O MAREMOTO DE 1755

Atopamos en Youtube ao divulgador científico Alberto Veloso [prestixioso xeólogo, profesor e doutor brasileiro], inserindo didácticos vídeos sobre dúas das illas descubertas polo nauta macedán João da Nova a comezos do século XVI. Estamos a falar de Ascensión [Ilha da Ascenção na lusofonía] e da Ilha da Trindade. Na relevante serie “Pelos caminhos do maremoto de 1755”, o xeólogo brasileiro [que se alcuma el mesmo Terremoto Veloso], vai mergullándose na sismicidade ao longo da Cadea Meso-Atlántica e nas particularidades xeolóxicas…

Ler máis Ler máis

CARBALLO E REBOIRAS AO ABEIRO DO 12 DE AGOSTO

CARBALLO E REBOIRAS AO ABEIRO DO 12 DE AGOSTO

O 12 de agosto de 2013, o cemiterio de Imo [Dodro, A Coruña], acolleu a homenaxe anual a Moncho Reboiras que organiza o Movemento Galego ao Socialismo [MGSgaliza]. Francisco Carballo estaba alí como invitado central, pois fora represaliado por defender a memoria [nomeadamente por denunciar o homicidio de Xosé Ramón Reboiras Noia o 12 de agosto de 1975 no Ferrol], no pioneiro libro colectivo “Historia de Galicia” [ANPG, 1979]. No camposanto de Imo fixo o presbítero ilustrado de Maceda un…

Ler máis Ler máis

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

POR QUE NOS QUEDAMOS CO ZOO DE SANTILLANA

Ao longo da nosa vida visitamos moreas de parques zoolóxicos, moito máis cando iamos cos nosos fillos. Dos grandes salientaríamos o de Barcelona e, nomeadamente, o de Lisboa. Aos dous achegámonos un bo feixe de veces. Cabárceno [en Cantabria], que tamén visitamos, é outra cousa, e xa se encarga o mediático presidente Miguel Ángel Revilla de vulgarizalo. Porén, desta volta queremos poñer en valor o Zoo de Santillana del Mar [como di o tópico, non é santa, nin plana, nin…

Ler máis Ler máis

MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA

MANIÑOS, LUGÍN, ROQUER E A CASA DA TROYA

A histórica e pioneira cabeceira Radio Fene, que nacera en 1984 ao abeiro daquela corrente de radios ceibes que comezara en Cataluña, e que abandeirou dende os seus comezos o historiador Henrique Sanfiz, reparou no vencello de Alejandro Pérez Lugín, o autor de “La casa de la Troya” [1915], e a parroquia de Maniños [Fene]. Da súa páxina web exhumamos unha crónica abondo interesante nesa conexión [19/VII/2016]: “A parroquia de Maniños en Fene ten unha considerable presenza na novela de…

Ler máis Ler máis

SOLPOR NO SEIXO

SOLPOR NO SEIXO

Por mor desta noxenta xeira distópica e co bicho axexando en bucle, o plan B pasando estadías en Maniños [Fene] -fóra da gaiola compostelá-, atópanos case todas as semanas -denantes de empardecer- facendo camiñadas até o Seixo [parroquia de Franza, concello de Mugardos], lugar de nacemento dos egrexios da nosa familia política [léase o intrépido aviador Xosé Piñeiro, que mesmo ten un par de estatuas á súa memoria en Sanxenxo e o pintor galeguista Felipe Bello Piñeiro, que finou na…

Ler máis Ler máis