AFONSO X, MACEDA E OS DA XERACIÓN NÓS

AFONSO X, MACEDA E OS DA XERACIÓN NÓS

Seguimos tirando do noso volume, desta volta pra recuperar o que escribiron [sobre Afonso X o Sabio] don Ramón e don Vicente, os dous egrexios membros da Xeración Nós, que naceran no número 21 da Rúa da Paz en Ourense. Na páxina 55 de “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos: Otero Pedrayo tirou do prelo o pioneiro volume de viaxes “Guía de Galicia” [1926]. Na parte descritiva do Noso País, ao chegar a Maceda aporta: “Vila antiga,…

Ler máis Ler máis

AFONSO X E MACEDA CONSONTE O ARQUIVEIRO FERRO COUSELO

AFONSO X E MACEDA CONSONTE O ARQUIVEIRO FERRO COUSELO

Do libro citado na anterior achega, “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda [Prol: 2009], e dentro do apartado dedicado ao Rei Sabio e a súa conexión con Maceda, exhumamos hoxe un parágrafo abondo interesante [páx. 63], que mesmo ten connotacións co noso amigo, o doutor Celso Sánchez González, hogano representante nacionalista no Concello de Maceda e persoa preocupada polas causas xustas arredor de todos Nós: “En 1996 a Asociación Cultural Maçaeda da Limia tirou do prelo unha publicación na que…

Ler máis Ler máis

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

O 23 de novembro deste 2021, cúmprense 800 anos do nacemento en Toledo de Afonso X O Sabio, un rei que fixera inmersión lingüística en Maceda [bispado de Ourense], cando abeiraba os 11 anos de idade [ca. 1232]. No volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos un delongado capítulo que titulamos “Afonso X o Sabio. A súa conexión con Maceda”. Tempo teremos de peneiralo cumpridamente nesta bitácora. Hoxe queremos recuperar un parágrafo inserido nas páxinas 64 e…

Ler máis Ler máis

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

Con este título, na sección da Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia en Ourense [22/02/2018], lembran o comezo da viaxe do veleiro Gloriana, 20 anos antes, que procuraba “a rota dos portugueses”. Naquela altura nós estabamos investigando a fondo ao mariño da casa nobiliaria de Maceda, que callaría no pioneiro, sólido e referente volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Santiago Prol, 2002), que tivo a ben publicar a Deputación Provincial de Ourense….

Ler máis Ler máis

ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis