VÍDEO HOMENAXE “FRANCISCO CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN”

VÍDEO HOMENAXE “FRANCISCO CARBALLO, SEMPRE NO CORAZÓN”

Para a “Homenaxe de Galiza a Francisco Carballo”, que artellamos o 27 de decembro de 2014, no salón multiusos de Maceda, e da que xa falamos noutras achegas, o amigo editor, xornalista [e prestixioso fotoxornalista] Xan Carballa fixo un entrañábel vídeo, que xa leva unha morea de visitas e que xa penduramos [e penduraremos] outras veces nesta bitácora. Que mellor lembranza, co gallo do sétimo cabodano do pasamento de Francisco Carballo, que volver ollar este singular documento audiovisual. Graciñas mil Xan polo teu compromiso a prol da memoria e o legado do fillo sobranceiro de Maceda, sempre comprometido coa memoria e coa dignificación do Noso País. ¡Beizón! Eis o vídeo:

Os comentarios están pechados.