QUIROGA PALACIOS, CARDEAL AO PÉ DA OBRA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL AO PÉ DA OBRA

Ao abeiro do centenario do nacemento de Fernando Euloxio Quiroga Palacios na vila de Maceda [Ourense], activamos o seu legado con traballos no semanario A Nosa Terra, no xornal La Región e tamén en La Voz de Galicia. Denantes fixeramos o propio na revista inculturada de reflexión cristián “Encrucillada”. O 21 de xaneiro de 2000, na sección “Sociedade”, o xornal de maior tirada eiquí [La Voz] dedicáballe unha páxina completa ao fillo predilecto de Maceda, que titulaba “O último Cardeal”,…

Ler máis Ler máis

SELO DE CORREOS Á MEMORIA DO NOSO CARDEAL

SELO DE CORREOS Á MEMORIA DO NOSO CARDEAL

En maio de 2008 [do 17 ao 25] o Cardeal Quiroga Palacios quedou inmortalizado coa emisión dun histórico selo de correos; mesmo presentado -ao mundo e con moito nivel- en Maceda, na súa vila natal. O Grupo Academia Postal, promotor da iniciativa, editara un libriño no que participaran Xabier Oviedo, alcalde de Maceda; José Luís Baltar, presidente da Deputación Provincial; Camilo Ocampo, subdelegado do Goberno; Luís Quinteiro, bispo de Ourense; Xosé Carlos Sierra, delegado de Cultura da Xunta; Francisco Nóvoa,…

Ler máis Ler máis

CARDEAL QUIROGA PALACIOS & LITURXIA EN GALEGO

CARDEAL QUIROGA PALACIOS & LITURXIA EN GALEGO

En decembro de 1963 a Igrexa Conciliar [Vaticano II] recoñecía o dereito aos pobos expresarse liturxicamente nos seus propios idiomas. En Galiza interpretouse de xeito nesgado [boa parte da Igrexa oficial consideraba o castelán como o idioma do Noso País]. Os cataláns e os vascos tiñan claro cal era o seu idioma vernáculo. Adiantáronse, como case sempre, pois tiñan moito avanzado cos textos relixiosos [misais, biblias, catecismos…]. Quiroga Palacios tivo que pelexar en moitas frontes. Fixo abondosas xestións perante o…

Ler máis Ler máis

O CARDEAL QUIROGA NA OLLADA DE ALDONZA DE PRATERÍAS

O CARDEAL QUIROGA NA OLLADA DE ALDONZA DE PRATERÍAS

Baixo o transgresor pseudónimo Aldonza de Praterías, atopamos á historiadora da Arte compostelá Mercedes Gualteria Pintos Barreiro, que inseriu periodicamente, no xornal La Voz de Galicia, olladas arredor da Catedral de Santiago de Compostela e os seus protagonistas pétreos e non tan pétreos [logo sairían en formato libro en “Pedras de Compostela”, Xerais, 2009]. O 26 de febreiro de 2005, imprentou unha vencellada co fillo predilecto de Maceda, que mesmo titulou: “O Cardeal Quiroga. Anos de graza”. Eis esta singular…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS E FRANCISCO FRANCO

QUIROGA PALACIOS E FRANCISCO FRANCO

Seguimos preguntándolle nas “Conversas” [ANT, 2002] a Francisco Carballo: Ti deches un titular moi enérxico co gallo do centenario: “Quiroga Palacios foi o verdadeiro tribuno do pobo galego perante o franquismo”, pero ao Cardeal Quiroga Palacios algúns sectores téñeno acusado de franquista. Francisco Carballo respondeu: “¿Como se explica a amizade de Fernando Quiroga con Franco malia as diferenzas tan grandes que manteñen? Non é doado. Quiroga antes do Concilio Vaticano II, antes do seu cambio tan grande, tiña unha mentalidade…

Ler máis Ler máis

A PLAUSÍBEL BEATIFICACIÓN DE QUIROGA PALACIOS…

A PLAUSÍBEL BEATIFICACIÓN DE QUIROGA PALACIOS…

No libro das “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal de Xelmírez en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia moi agradábel. Eu tiña a imaxe de Fernando Quiroga que había…

Ler máis Ler máis