CARTA AO SEÑOR FUTURO

CARTA AO SEÑOR FUTURO

A comezos de 2008 Francisco Carballo imprentou no semanario ANT unha columna con ese título. Sabíamos da súa querenza polos escritores uruguaios Eduardo Galeano e Mario Benedetti. Nós tivemos a fortuna de escoitalos -ao igual que Carballo- eiquí en Compostela máis dunha vez aos dous: “Non quero deixar de sumarme a ese agasallo en galego de Eduardo Galeano [Laiovento, 2008], unha escolma longa e trepidante de artigos deste avogado e xornalista para nós (…). De Galeano teño sempre á man…

Ler máis Ler máis

CHRISTMAS WITH LEONTYNE PRICE

CHRISTMAS WITH LEONTYNE PRICE

Na achega do 24 de decembro comentamos que, dende hai máis de tres décadas, escoitamos o vinilo monográfico de Leontyne Price sobre o Nadal arredor dalgúns clásicos, dirixida polo xenial Herbert Von Karajan. Hoxe inserimos o volume completo, mesmo coa confianza de que escampe a xeira deste bicho doente que axexa e axexa e non acouga. Inoculemos boas vibracións… Listen:

31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA

31 DE DECEMBRO DE 1936 EN MACEDA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT: 2002] preguntámoslle ao presbítero ilustrado de Maceda: “¿Á túa casa chegaban noticias dos que paseaban en Maceda e dos nove que fusilaran o 31 de decembro de 1936, despois dun consello de guerra ignominioso? Si. Vixiábase a casa e nós estabamos en expectativa constante. Había medo de que houbese reaccións. Teño na memoria con todo detalle os acontecementos do 36. Deses nove martirizados, que hoxe teñen un monolito de lembranza na Praza…

Ler máis Ler máis

XOSÉ LOIS PARENTE NO DERRADEIRO NÚMERO DE “NÓS”

XOSÉ LOIS PARENTE NO DERRADEIRO NÚMERO DE “NÓS”

Agasalla hoxe, 31 de decembro de 2021, o xornal “Nós Diario” o facsímile da derradeira achega da histórica revista “Nós”, o boletín mensual da cultura galega [Ano XVII. Ourense, Xullo-Nadal de 1935. Núm. 139-44. Tomo 12]. Nel, a Asociación de Escritores de Galicia rendíalle “conmovido homenaxe a Anxel Casal Gosende, o xerente da revista e fundador da editorial Nós”. Neste histórico número, do que só se conservaron dous exemplares [o de Leuter e o de Ben-Cho-Shey], aparece, na páxina 166,…

Ler máis Ler máis

O NADAL CON LEONTYNE PRICE E VON KARAJAN

O NADAL CON LEONTYNE PRICE E VON KARAJAN

Mercamos, hai máis de 30 anos, en Almacenes El Pilar do Preguntoiro compostelán, o vinilo “Christmas with Leontyne Price”, desta extraordinaria soprano norteamericana [Misisipi, 1927], dirixida por Herbert von Karajan. Dende aquela, escoitamos todas as vacacións de Nadal [na casete que gravamos por duplicado] este singular LP [que tamén conservamos]. Nel atopamos versións moi aqueloutradas do “Ave María” de Bach e o de Schubert. Outrosí “O holy night” de Adam, o “Alleluia” de Mozart, o “Silent night” de Gruber, o “Hark…

Ler máis Ler máis

CASTELO DE SÃO JORGE, RESIDENCIA DE JOÃO DA NOVA EN LISBOA

CASTELO DE SÃO JORGE, RESIDENCIA DE JOÃO DA NOVA EN LISBOA

Do noso libro “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009, Difusora], e dentro do capítulo monográfico de síntese, “João da Nova, o galego máis relevante do século XVI”, recuperamos -desta volta- parágrafos que contextualizan a súa xeira como alcaide de Lisboa, mesmo dende a súa residencia oficial no iconográfico Castelo de São Jorge, que fora erixido polos mouros no século XI: “Asentouse João da Nova en Lisboa polo ano 1480, mesmo cando empardecía o reinado de Afonso V [1438-81]….

Ler máis Ler máis