A MAXIA DE SAN PEDRO DE ROCAS
Fomos até San Pedro de Rocas moreas de veces. A primeira xa de moi cativos cos nosos pais. Logo coas cuadrillas de Maceda no solpor da adolescencia e primeira xuventude. Iamos máis de 20 persoas no autobús de liña da Empresa Mangana, dende Maceda até o cruce cara San Pedro de Rocas en Esgos [9 km aprox.]. Despois subiamos andando até o cenobio [case 5 km máis] gozando da abraiante beleza daquela paisaxe… Alí pasamos xornadas completas de lecer os…