NAPOLEÓN EN SANTA HELENA COA OLLADA DE NIEVES CONCOSTRINA

NAPOLEÓN EN SANTA HELENA COA OLLADA DE NIEVES CONCOSTRINA

No programa “La Ventana” da Cadena SER, que emiten todas as tardes [de luns a venres] da man do prestixioso comunicador Carles Francino, hai unha sección titulada “Acontece, que no es poco”, que leva a singular escritora e xornalista Nieves Concostrina, á que xa lle seguimos a pista antes, en Radio 5 de RNE, coa sección “Polvo eres” e logo en “No es un día cualquiera” de Radio 1, con “El acabose” e con “Concostorias”. O seu xeito de contar a historia resulta abondo atractivo, heterodoxo e didáctico. Desta volta recuperamos o inserido nese programa da SER [17/10/2018] sobre o desembarco de Napoleón o 17 de outubro de 1815, no que sería o seu exilio definitivo en Santa Helena, unha estratéxica illa do Atlántico Austral que descubrira un de Maceda en 1502. Teimamos no nauta João da Nova, un galego universal, o máis sobranceiro do século XVI. Escoitemos o relato da sempre amena Nieves Concostrina e a “letra pequena” daquel desembarco napoleónico. Graciñas mil:

Os comentarios están pechados.