O NADAL CON LEONTYNE PRICE E VON KARAJAN

O NADAL CON LEONTYNE PRICE E VON KARAJAN

Mercamos, hai máis de 30 anos, en Almacenes El Pilar do Preguntoiro compostelán, o vinilo “Christmas with Leontyne Price”, desta extraordinaria soprano norteamericana [Misisipi, 1927], dirixida por Herbert von Karajan. Dende aquela, escoitamos todas as vacacións de Nadal [na casete que gravamos por duplicado] este singular LP [que tamén conservamos]. Nel atopamos versións moi aqueloutradas do “Ave María” de Bach e o de Schubert. Outrosí “O holy night” de Adam, o “Alleluia” de Mozart, o “Silent night” de Gruber, o “Hark the herald angels sing” de Mendelssohn e outras cantigas tradicionais abondo coñecidas. Atopamos en youtube o LP completo, mais decantámonos por escoitar, desta volta, sete minutos engaiolantes… ¡Saúde!

Os comentarios están pechados.