ETERNAMENTE MILANÉS
Enterámonos onte -ao raiar o día- que Pablo Milanés [un dos grandes cantautores da nosa vida] nos deixara… Tivemos a oportunidade de escoitalo en directo varias veces [logo dalgunhas anulacións por mor da súa saúde]. Unha das memorábeis foi nunha megaactuación altruísta dun bo feixe de cantautores no Multiusos de Sar, eiquí en Compostela, a prol de NUNCA MÁIS e ao abeiro da morea de actos de dignificación, naquel histórico Nadal do 2002. Volvemos escoitalo co seu amigo Luís Emilio…