CANTIGA NÚMERO 100
O 23 de novembro de 1221, nacía [hai 800 anos] Afonso X o Sabio en Toledo. Cando abeiraba os 11 anos de idade fixo inmersión lingüística en galego en terras de Maceda [Prol: 2009]. Da nosa achega exhumamos hoxe [pp. 65-66]: “A canónica Cantiga núm. 100 é a máis vulgarizada das que saíron dos obradoiros de Afonso X. Foi transmitida en varias fontes manuscritas: Códice Escurialense [j.b.2], [T.j.1] e Códice da Igrexa de Toledo. Na compilación mariana artellada nos scriptoria…