MEDIO SÉCULO DO “GRÂNDOLA, VILA MORENA” EN COMPOSTELA

MEDIO SÉCULO DO “GRÂNDOLA, VILA MORENA” EN COMPOSTELA

Onte, 10 de maio de 2022, cumpríronse 50 anos dunha histórica actuación do Zeca Afonso, na que incluíra a iconográfica cantiga que logo se trocaría en consigna na Revolução dos Cravos. Estabamos no tardofranquismo [1972] e o Zeca actuara no Burgo das Nacións en Santiago de Compostela coa mediación do cantautor Benedicto [de Voces Ceibes], co que mantiña amizade e compartía escenarios dende había algún tempo. Durante a última década de docencia [cando xa tiñamos canón, pantalla e ordenador nas aulas], cada 25 de Abril, denantes de comezar as clases, sempre lle puñamos aos discentes este vídeo tirado de “youtube”. ¡Obrigado!

Comentarios pechados.