AS GUERRAS SON SEMPRE ECONÓMICAS

AS GUERRAS SON SEMPRE ECONÓMICAS

Espazo dedicado á memoria de Francisco Carballo na Biblioteca Pública de Maceda, que mesmo leva o seu nome. Foto: Santiago Prol

Ao abeiro da inculturación, preguntámoslle a Francisco Carballo no libro de Conversas [Prol / Carballa: 2002, ANT], se empregando a relixión como pretexto e o nome de Deus como desculpa, se tiñan artellado non poucas guerras ao longo da Historia da Humanidade. A súa resposta foi contundente: “As guerras son sempre [por razóns] económicas. Constantemente buscan lexitimarse ideoloxicamente. Como a relixión, que até a Ilustración era a fonte de lexitimidade. Os sectores fundamentalistas a miúdo son violentos e provocadores. Xeran conflitos sempre encubridores de intereses económicos inconfesábeis”.

Comentarios pechados.