PARADA E FONDA NO MONASTERIO DE PIEDRA
Nas excursións que faciamos co alumnado até Barcelona, había unha parada e fonda no Monasterio de Piedra, que pertence ao concello de Nuévalos, ao sur de Zaragoza. Como a viaxe até a capital catalá sobordaba os mil quilómetros, unha pausa alí semellaba axeitada. Mesmo tiñan dentro do propio cenobio, que hogano funciona como hotel, un par de espazos adaptados para excursións escolares. O profesorado podía así pasar a noite nos cuartos habilitados daquel vedraño edificio. Ao día seguinte, pola fresca,…