AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

AFONSO X O SABIO FOI FELIZ EN MACEDA

O 23 de novembro deste 2021, cúmprense 800 anos do nacemento en Toledo de Afonso X O Sabio, un rei que fixera inmersión lingüística en Maceda [bispado de Ourense], cando abeiraba os 11 anos de idade [ca. 1232]. No volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” [Prol: 2009] inserimos un delongado capítulo que titulamos “Afonso X o Sabio. A súa conexión con Maceda”. Tempo teremos de peneiralo cumpridamente nesta bitácora. Hoxe queremos recuperar un parágrafo inserido nas páxinas 64 e…

Ler máis Ler máis

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA

Con este título, na sección da Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia en Ourense [22/02/2018], lembran o comezo da viaxe do veleiro Gloriana, 20 anos antes, que procuraba “a rota dos portugueses”. Naquela altura nós estabamos investigando a fondo ao mariño da casa nobiliaria de Maceda, que callaría no pioneiro, sólido e referente volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” (Santiago Prol, 2002), que tivo a ben publicar a Deputación Provincial de Ourense….

Ler máis Ler máis

ENCONTROS NO MORRAZO

ENCONTROS NO MORRAZO

Logo da homenaxe que lle fixemos en Maceda, o 4 de agosto de 2000, que Francisco Carballo agradeceu fondamente “por vir dos que máis quero e por xestarse dende as miñas orixes”, os amigos que tiveramos a ben organizar aquel recoñecemento, decidimos manter, cando menos, un encontro anual co Paco Carballo [así lle chamaban Bieito e Celso, xunto con outra xente da súa órbita máis próxima]. Esta foto que penduramos na bitácora, datada nun restaurante do Morrazo o 5 de…

Ler máis Ler máis

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

QUIROGA PALACIOS, CARDEAL E TRIBUNO DE GALIZA

No libro de “Conversas” [Prol / Carballa, ANT, 2002] fixémoslle a Francisco Carballo un bo feixe de preguntas sobre Quiroga Palacios. A primeira ía sobre a entrevista que tivera con el no pazo arcebispal en Compostela. Dous relixiosos egrexios de Maceda xuntos. Un era cardeal e o outro, naquela altura, director do colexio dos Paúles en Marín: “A entrevista debeu ser no 1957 e foi unha experiencia bonita. Eu tiña a imaxe de Quiroga que había na diocese. Dicían que…

Ler máis Ler máis

FICHA DA CÍA SOBRE ILLA QUE LEVA O NOME DE JOÃO DA NOVA

FICHA DA CÍA SOBRE ILLA QUE LEVA O NOME DE JOÃO DA NOVA

Penduramos hoxe [dándolle forma] a ficha que a Axencia Central de Intelixencia Norteamericana [CIA] ten na arañeira sobre a illa que leva o nome do nauta orixinario de Maceda [Ourense, Galiza] e que eles recoñecen como “o famoso navegante e explorador español João da Nova”. Logo catalogan: “É posesión francesa dende 1897. Está localizada no sur leste de África, no Canal de Mozambique entre a costa africana e Madagascar. As súas coordenadas xeográficas son: 17 03 S, 42 45 E….

Ler máis Ler máis

RECUPERAR UN PERSOEIRO HISTÓRICO GALEGO

RECUPERAR UN PERSOEIRO HISTÓRICO GALEGO

Sempre que publicamos un libro, procuramos “movelo” nos medios de comunicación. A comezos de decembro de 2002, enviámoslle o noso volume “João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal” [Prol, 2002] á xornalista Concha Pino do staff de La Voz de Galicia en Santiago. Quedamos con ela nunha céntrica cafetaría abeirada á Praza Roxa eiquí en Compostela. Tamén viñera o reporteiro gráfico Xoán A. Soler, ao que lle regalaramos outro exemplar e que nos tirara a…

Ler máis Ler máis